Vigo al minuto

¿Todo niño viene con un pan bajo el brazo?

Manaia organiza unha charla/coloquio o sábado 21 de abril as 11:30, no salón de actos do Liceo Casino de Pontevedra, a cargo de  José Luis Gonzalo Marrodán e que terá como título, «As familias adoptivas coma titoras de resilencia».

Que é a resiliencia?, Que é un titor de resiliencia?, Somos as familias adoptivas titoras de resiliencia?, Pautas para ser unha familia adoptiva titora de resiliencia das súas fillas e fillos.

Estas e outras cuestións serán abordadas por José Luis, que tamén fará a presentación do libro: «¿Todo niño viene con un pan bajo el brazo? Guía para padres adoptivos con hijos con trastornos apego», Editorial Desclée de Brouwer. Bilbao, 2011

José Luis Gonzalo Marradán é psicólogo en exercicio na práctica privada desde o ano 1994. Psicoterapeuta infantil e de adultos pola Federación Europea de Asociacións de Psicólogos (FEAP). Formado en psicoterapia infantil e adolescentes polo Instituto de Formación e Investigación sobre a Violencia (IFIV), en Barcelona. Actualmente recibindo formación en EMDR (nivel I). Traballou durante 12 anos como psicoterapeuta infantil con menores en situación de desprotección para a Deputación Foral de Gipuzkoa.

Desde fai seis anos, centrouse no tratamento psicoterapéutico de nenos, adolescentes e adultos adoptados desde o modelo da teoría do apego e do trauma. Imparte cursos, talleres e seminarios a profesionais e familias sobre a importancia do apego e as influencias das contornas desprotectores na mente en desenvolvemento dos nenos. Participou -e colabora na actualidade- como formador de psicoterapeutas en distintos centros e institucións privados.

Autor do libro «Guía para el apoyo educativo de niños con trastornos de apego» e coautor do libro «¿Todo niño viene con un pan bajo el brazo? Guía para padres adoptivos con hijos con trastornos apego»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.