Vigo al día

¿Todo niño viene con un pan bajo el brazo?

Manaia organiza unha charla/coloquio o sábado 21 de abril as 11:30, no salón de actos do Liceo Casino de Pontevedra, a cargo de  José Luis Gonzalo Marrodán e que terá como título, “As familias adoptivas coma titoras de resilencia”.

Que é a resiliencia?, Que é un titor de resiliencia?, Somos as familias adoptivas titoras de resiliencia?, Pautas para ser unha familia adoptiva titora de resiliencia das súas fillas e fillos.

Estas e outras cuestións serán abordadas por José Luis, que tamén fará a presentación do libro: “¿Todo niño viene con un pan bajo el brazo? Guía para padres adoptivos con hijos con trastornos apego”, Editorial Desclée de Brouwer. Bilbao, 2011

José Luis Gonzalo Marradán é psicólogo en exercicio na práctica privada desde o ano 1994. Psicoterapeuta infantil e de adultos pola Federación Europea de Asociacións de Psicólogos (FEAP). Formado en psicoterapia infantil e adolescentes polo Instituto de Formación e Investigación sobre a Violencia (IFIV), en Barcelona. Actualmente recibindo formación en EMDR (nivel I). Traballou durante 12 anos como psicoterapeuta infantil con menores en situación de desprotección para a Deputación Foral de Gipuzkoa.

Desde fai seis anos, centrouse no tratamento psicoterapéutico de nenos, adolescentes e adultos adoptados desde o modelo da teoría do apego e do trauma. Imparte cursos, talleres e seminarios a profesionais e familias sobre a importancia do apego e as influencias das contornas desprotectores na mente en desenvolvemento dos nenos. Participou -e colabora na actualidade- como formador de psicoterapeutas en distintos centros e institucións privados.

Autor do libro “Guía para el apoyo educativo de niños con trastornos de apego” e coautor do libro “¿Todo niño viene con un pan bajo el brazo? Guía para padres adoptivos con hijos con trastornos apego”

También te puede interesar