Cultura Vigo al minuto

‘Vilamor’, 99% de transpiración, 1% de fascinación

O director e tres dos protagonistas de 'Vilamor', este venres no IES CoruxoN. FERNÁNDEZ/ A. ALBALADEJO.– Estivemos na estrea da película, como non…, unha cousa,se ainda non fuches ao cine a ver ‘Vilamor’, dende este venres, está xa nas salas de toda a cidade, seica ainda podes estar cos actores e o director na Praza E, as 8 do serán...non vas sair defraudad@ deles, nin dentro nin fora da pantalla, e faltaralles tempo para posar contigo no foto-call, algo que, creenos, xa levamos algunhas estreas, é difícil que poidas repetir. E ahí remata o rollo fashion.

O equipo da película posou cos espectadores, onte, na estrea da cinta en VigoFacer unha película é un traballo que empeza un ano antes de que o espectador sente na butaca…e que segue moito despois dos títulos de crédito. O primeiro é  “ter algo que contar”, unha historia, ou atopala, como asegura que lle pasou a él o director, Ignacio Vilar, que dende ese intre, e dado que ‘Vilamor’ baséase en feitos reais, buscou aos verdadeiros protagonistas da mesma para escoitar as súas experiencias e lembranzas, as súas versións, impresións, sensacións e sentimentos.  Unha vez tes ese material, hai que escribir o guión, “un proceso que leva entre sete e oito meses”, e que vai medrando, cambiando e adaptándose ate ter forma.

Feito o guión, hai que pensar nos cartos, “‘Vilamor’ custou 1.700.000 € que proceden, nun 25%, das axudas públicas e que no 75% da productora, a viguesa Vía Láctea Filmes, que poido facer fronte ao mesmo logo do éxito de ‘Pradolongo’”. Tendo o guión e os cartos, o seguinte é buscar aos actores, un proceso que require probas, o que se chama castings, de actuación, fotoxenia ou son. Co guión na man, cos cartos no peto e cos actores elixidos, ‘non nos chames, xa te chamamos nos’, hai que localizar…’- perdone, querería falar con Ignacio Vilar..-sintoo, saiu a localizar’… e non precisamente preto, senon a Negueira de Muñiz, nos Ancares de Lugo, preto de Asturias.

Os actores de 'Vilamor' chegando ao IES de Coruxo na furgoneta da películaXa está a historia, o guión, os cartos, os actores e o escenario…mesmo xa se fixeron os ensaios…agora hai que rodar. “Para rodar unha película necesítase persoal”, e non falamos de un tipo cunha cámara de vídeo e outro cun micro, “senon de 120 persoas” que saiban o que fan: un experto en son, outro en fotografía, en vestiario, un productor, axudantes de dirección, camarógrafos, iluminadores…que teñen que traballar conxuntamente 12 horas ao día, cinco días á semán durante dous meses de rodaxe, “que abrangue esceas en verán, primaveira e inverno, nas ‘Pedras Apañadas” e o “Busbeirón’, “onde, en plano, houbo que facer tomas cun metro de neve”.

Feito…feito?..o resultado da rodaxe son 35 horas de esceas que hai que deixar nas apenas 2 horas que dura a película e as que hai que engadir a ‘banda sonora’ que “encárgase, logo de que está composta, á sinfónica de Kiev”, algo a desmán. É nese intre cando intervén o equipo de Guillermo Represa, o xefe de montaxe, e cando Vilar ten que decidir qué queda fora da cinta, de qué prescinde e qué deixa.

Isto exactamente é o que este venres pola mañán, apenas 8 horas despois de estrea, estaban explicando Breixo (Rubén Riós), Hermes (Xoel Yañez), Sonia (Sabela Arán) e o propio Vilar, a un cento de estudantes, no  IES de Coruxo e logo a outro cento do Ricardo Mella, porque a xente de ‘Vilamor’  non agarda polo espectador: vaino buscar para que vaia ao cine.

E cando decimos explicar, é contar logo de colocar, eles mesmiños, un folleto da película en cada asento, montar o plotter promocional, conectar o ordenador, seleccionar o trailler que van a amosar e darlle ao ‘play’…ademáis de representar como foi a rodaxe facendo unhas tomas, falsas, baseadas en feitos reais, coma ter que repetir varias veces…”corten!”.. porque un dos actores esqueceu o guión, porque sobrevoa un helicóptero que vai a pagar un lume ou unha vaca ponse a pastar diente da cámara…coño, na única escea que parecía aproveitable de todo o día!…e perder un día custa muuuita pasta. E que non hai negocio como o negocio do espectáculo.

 

También te puede interesar