+barato

Practica linguas extranxeiras co Tandem Trabalingua

Sintes que o teu inglés está oxidado? Estás indo a clases dalgún idioma e necesitas practicar conversa? Pois que sepas que en Vigo tes a opción de practicar linguas estranxeiras con nativos de balde! Como? Agora cho conto, non te me precipites…

A asociación Trabalingua organiza esta actividade co obxectivo de facerllo máis fácil á xente que quere practicar linguas, tanto aos nativos como aos estranxeiros. Sí, aquí non se trata só de que aprendas ti, senón de intercambiar os vosos excelsos coñecementos da lingua, no teu caso, da galega. Esta actividade está aberta ao público en xeral, aínda que dirixida expresamente a certos perfís, como:

  • Estranxeiros interesados no galego e queiran practicalo dun xeito activo
  • Persoas que están perfeccionando o seu galego, neofalantes, paleofalantes…
  • Xente que quere mellorar o seu inglés/alemán/francés, etc.

Se estás interesado/a, o único que tes que facer é mandarlles aos de Trabalingua un mail a [email protected] e contarlles cal e o teu caso e que lingua che gustaría practicar, ademáis da modalidade (pode ser tándem ou conversa múltiple). Eles o que farán e buscarche a alguén que se axuste as túas necesidades e poñerte en contacto con él, e dicir, farán de simples intermediarios. Ademáis, tamén che facilitaran unha listaxe con posibles temas de conversa para romper o xeo co teu tándem ou no teu grupo de conversa. Como podedes ver, non son exactamente unha alternativa ás clases particulares, aínda que sí unha boa axuda para practicar eso que tanto nos custa á hora de aprender unha lingua extranxeira: falar.

E quen son estes de Trabalingua? Pois Trabalingua é unha asociación de mozas e mozos da Universidade de Vigo que teñen o obxectivo de poñer en valor a lingua e cultura galegas, independentemente de ideoloxías ou organizacións de calquera índole. Podedes ver o que fan e contactar con eles a través da súa páxina web, o seuperfil en Facebook ou no mail que vos puxen antes…..máis información

 

También te puede interesar