Deportes Vigo al minuto

Os taekwondistas galegos non se amilanan en Alacante

Un dos tríos masculinos da selección galega. Foto: José Cid.
Un dos tríos masculinos da selección galega. Foto: José Cid.

Máis de mil quilómetros para unha dobre cita na que os deportistas galegos deixaron o listón ben alto. Galicia acadou 35 medallas no Open de España celebrado en Alacante: ás catro medallas do equiop sénior houbo que sumar as once acadadas en técnica, as 9 da categoría júnior e as outras 11 da cadete. Aínda que o gran triunfador das xornadas foi José Fernández, que segue a facer unha tempada espectacular e que tivo que desfacerse dos representantes de Valencia, Baleares, México, Rusia e Francia para acadar a medalla de ouro. Con 60 puntos, Fernández parece o representante indiscutible de España no Campionato de Europa.

Na categoría sénior, Borja Ríos logrou a medalla de bronce, tras superar ao representante da República Dominicana, ao francés ao deportista do CAR José Francisco Ramírez e caeu contra Rusia nas semifinais, nun combate moi apertado que chegou con empate a 3 no marcador ata o último segundo, no que marcou o deportista ruso. Outros bronces para Katia Calvar e José Real.

A selección galega júnior  acadou nove medallas (oito bronces e unha prata) no Open de España.  Na categoría júnior masculina houbo cinco bronces para os galegos (Óscar Peón, Adriano Jiménez, Manu Parada, Miguel Gutiérrez e Pablo Fernández), mentres que na feminina houbo unha prata (Natalia Vázquez) e tres bronces (Leire Arbizu, Sara García, Gaila Fernández).

En cadetes, once medallas para os galegos con dous ouros, dúas pratas e 7 bronces, que permitiu a Galicia lograr o segundo posto por equipos. Os medallistas galegos foron: Lucía Dafonte e Laura Dosil, ouros;  Sandra Rodríguez   e Fabiola Rodríguez, prata, e Pilar Rodríguez , Ainhoa Boubeta, Antía Pérez, Miguel de Santiago, Genma Paz,  Miriam García, Pati e Javier Martínez, bronce.

No Campionato de España de Técnica houbo catro medallas para Galicia.  Encarna Quintela logrou a medalla de prata, mentres que  Beatriz Queiro,  Antonio Santiago e Antonio Rebouras foron prata.  Ademais houbo dúas medallas de galegos que actualmente están competindo en Cataluña por atoparse desprazados por estudos. Elena González acadou a medalla de ouro en trío 1 e está clasificada para participar no Mundial, mentres que Yago Bernárdez logrou o bronce en tríos 1.

A cita tamén congregaba aos deportistas participantes no Campionato de España de técnica e no Open de España de técnica, onde Galicia mellorou e moito os resultados. No Open Galicia logrou un total de once medallas (seis ouros e cinco pratas).  Os seis ouros foron para Jorge Moreno, Beatriz Queiro, Encarna Quintela, trío 1 masculino (Alberto Neira, Alejandro Losada e Roi Pereira), trío 1 feminino (Isabel Queiro, Lucía Capelo e Noelia Irago) e trío 2 feminino (Erea Andrade, María Bautista e Beatriz Queiro).  Ademais, as e os galegos lograron cinco bronces: Alejandro Losada (júnior), Óscar Rey, Esperanza Fernández, Han Seung Shin e Santiago Rodríguez.

También te puede interesar