Vigo al minuto

O candidato do BNG á Xunta cree que as baixas no Bloque favorecen ao PP

O voceiro do BNG no Congreso cree que aqueles grupos e colectivos que deixan a formación nacionalista”se están a confundir” xa que con estas decisión o que fan e debilitar ao Bloque. Francisco Jorquera, que tamén é o candidato do BNG á Presidencia da Xunta, considera que a súa formación é a única alternativa ao Partido Popular e así o dixo, este domingo, nunha rolda de prensa no concello de Paiosaco,en A Coruña.

Jorquera subliñou que neste intre o que fan estes colectivos é facer máis feble ao nacionalismo “nun momento no que o Partido Popular sofre unha deterioración importante froito das políticas que leva a cabo en Galicia«. Eso sí, na súa opinión,»a inmensa maioría dos militantes» que formaban parte da fronte cando se celebrou a Asemblea Nacional «seguen na formación» e están «comprometidos con facer do Bloque unha forza máis forte e unida».

O candidato do Bloque lembrou que as consecuencias da Reforma Laboral aprobada polo Goberno son especialmente perxudiciais para Galicia, xa que precariza os empregos e baixa os salarios, que “xa son moi inferiores aos do resto do Estado”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.