RGPD - Cookies
Vigo al día

Amigos da Terra denuncia deficiencias nos dispositivos contra incendios, falla de persoal e de recursos

Amigos da Terra ven de pedir unha reunión urxente do Consello Fortestal de Galicia, para elo esgrime que tendo en consideración a situación meteorolóxica das últimas semanas, o incremento do número de incendios forestais, o deterioro que están a pasar os nosos ecosistemas forestais, “situacións que tendo en conta a experiencia acumulada ao longo dos últimos anos non deixa de ser unha crónica anunciada”.

A asociación ecoloxista denuncia a situación producida, “inconcibiblemente nin sequera se ten completo o operativo mínimo que habitualmente hai na chamada precampaña”, pese ás altas temperaturas, fortes ventos e actividade incendiaria alta, asegura que realizáronse queimas oficiais en zonas protexidas (zonas ZEPA, LICs, espazos naturais), autorizáronse queimasen días de risco de incendio alto e incluso extremo”.

Asimesmo indica que  hai unha falla de vixilancia as 24 horas do día, “os incendios son comunicados polos cidadáns ou os medios dos servizos forestais nos seus desprazamentos cotiás”, hai incendios que cando se sabe deles xa teñen unhas dimensións considerables cun maior risco de propagación, maior risco para as persoas e os bens, incremento dos custes de extinción.

Ademáis, salienta, non se están cubrindo as baixas do persoal de prevención e extinción: brigadas que día tras día só entran con dous ou tres compoñentes, a media debe de ser de cinco brigadistas como mínimo para garantir a operatividade e a protección tanto dos compoñentes da brigada de extinción como da colectividade; que hai carencia de material, “hai distritos onde só están operativos 2-3 autobombas cando contan con 8 vehículos de extinción, o que supón que 5 autobombas están inoperativos” .

Amigos da Terra denuncia o uso de  helicópteros sen as súas correspondentes brigadas helitransportadas co cal a súa eficacia e operatividade merma exponencialmente, “até fai unha semana a BRIIF de Laza tiña os seus 48 compoñentes mais non contaba con helicóptero, mentres a base de Toén ten helicóptero todo o ano mais non conta con brigada”; hai baixas de axentes forestais sen cubrir, “distritos forestais onde tiña que haber 20 axentes forestais só están operativos para traballos de extinción de incendios 14-15 axentes”.

A todo o anterior hai que engadir a infrautilización de medios con que conta a comunidade autónoma (medios de concellos, mancomunidades, deputacións, consellerías…), medios gardados nos garaxes ao non estar integrados no operativo de prevención e extinción de incendios forestais. “Elo demostra, unha vez mais, a falla dun Plano de Emerxencias axeitado  que debe contar cun mapa de Medios e Recursos dispoñibles para axudar na loita contra os incendios forestais cando se precisa e cando se producen”, iso fai, continúa a organización, que se produzan desprazamentos de medios dos Servizos Forestais a máis de 200-250 quilómetros mentres a carón de onde se produce o incendio forestal hai autobombas ou maquinaria parada e sen utilizar. É preciso optimizar os medios e recursos públicos dispoñibles con elo melloraremos a operatividade, melloraremos no tempo de reacción, na extinción dos incendios e minimizaremos os efectos dos mesmos cando se produzan.

Por todo elo, Amigos da Terra afirma que “é preciso crear dentro do Consello Forestal unha Mesa de Traballo sobre Incendios Forestais para mellorar no posible un Plano de Loita Contra Incendios que, por desgraza para o noso país, ten sido un fracaso, fracaso dos distintos gobernos da Xunta fracaso do conxunto da sociedade”.

Proba delo é que o  pasado 2011 Galicia, e especialmente a provincia de Ourense, foi o territorio do Estado español mais afectado polos incendios forestais con perdas de centos de millos de euros polos efectos dos lumes, zonas de alto valor medio ambiental foron calcinadas en centos de incendios. Inconcibiblemente a Consellería do Medio Rural e do Mar, non puxo en marcha un só programa de “recuperación-restauración” das zonas afectadas.

Este ano 2012 “hai unha redución importante dos orzamentos públicos adicados a prevención, a loita contra os incendios forestais, ao investimento de diñeiro para o coidado dos ecosistemas forestais, consideramos que o Consello Forestal é un órgano que debe ser informado e ao mesmo tempo pode atopar solucións que minimicen a repercusión desta redución nos ecosistema forestais”.

 

También te puede interesar