Galicia

O BNG pide a comparecencia de Gallardón no Congreso para que fale da Lei do Aborto

Olaia Fernández Davila, solicitou as comparecencias do Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, e da Ministra de Igualdade, Ana Mato, polas afirmacións realizadas polo Ministro en relación “á violencia estructural que sofren as mulleres”.

A deputada do BNG por Pontevedra, quer que o titular de Xustiza acuda á Cámara a explicar en que sentido vai modificar a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva, “dadas as afirmacións realizadas no pleno do pasado mércores 7, cando dixo que “en moitas ocasións, xenérase unha violencia de xénero estructural contra a muller polo mero feito do embarazo” e que a “lei que imos promulgar se vai inspirar no dereito da muller á maternidade”.

A deputada do BNG considera que as manifestacións de Gallardón deben ser aclaradas e explicadas, e sobre todo, “se o Ministro ten tan claro o camiño a seguer para cambiar a lei do aborto actual, pois debe adiantar en sede parlamentar que aspeitos vai tocar”. Davila preguntase se o Ministro tamén vai protexer e amparar “o dereito das mulleres que deciden interrumpir o seu embarazo para que non sexan perseguidas penalmente, para que non volva a inseguridade xurídica e a inseguridade sanitaria que había coa anterior lei que data de 1985”.

E dado que Gallardón enfatizou que “ían insistir na promoción da inserción sociolaboral das mulleres embarazadas, en garantías para conciliar a súa vida persoal, laboral e familiar, e evitar calquer tipo de discriminación”, sería pertinente que a Ministra de Servizos Sociais e Igualdade acudise ao Congreso a dar conta das actuacións e medidas que pensan adoptar para impedir que as mulleres sexan discriminadas no eido laboral cando deciden ser nais.

 

También te puede interesar