Deportes

Este verán, se iso, mándaos ao Campanento de A Lanzada

A deputada provincial Marta Iglesias presentou este mércores os campamentos que organiza a Deputación de Pontevedra en A Lazada e que, este ano desenrolaranse dende o 24 de xuño ao 8 de setembro. Nos mesmos poden participar os rapaces rapaces que teñan o seu domicilio habitual no Concello no que solicita a praza, e que nacesen entre nacidos entre 1999  e 2004.

Segundo indicou Marta Iglesias, a presentación das solicitudes para optar a unha das 2.200 prazas disponibles, será do 1 ao 30 de marzo e o sorteo para coñecer aos admitidos celebrarase entre o 23 e o 27 de abril, ante notario, e cubriranse as prazas nas distintas quendas sendo asignadas 100 prazas para nenos e 100 prazas para nenas. Reserváranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, no primeira quenda.

Naquel caso, terán prioridade os participantes que non obtiveron praza o verán pasado e, asimesmo, terase en conta os solicitantes que sexan irmáns.

Haberá 11 quendas: 1ª-24-30 xuño; 2ª 1 xullo-7 xullo; 3ª 8 xullo-14 xullo; 4ª 15 xullo-21 xullo; 5ª 22 xullo-28 xullo; 6ª 29 xullo-4 agosto; 7ª 5 agosto-11 agosto; 8ª 12 agosto-18 agosto; 9ª 19 agosto-25 agosto; 10ª 26 agosto-1 setembro; 11ª 2 setembro-8 setembro. Os rapaces e rapazas, que durmirán en tendas para 5 persoas, disfrutarán de excursións e distintas actividades de natureza, mar, aire libre, sendeirismo, vela, e viaxes a Ons, entre outras.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.