O número das empresas do sector tecnolóxico galego creceu un 7,4% no período 2010-2011, situándose o ano pasado nun total de 1.897. Este sector, empregou en Galicia a 15.855 traballadores en 2011, practicamente o mesmo número que en 2010, cun pequeno crecemento nos empregados do réxime xeral mentres que diminúe o número de autónomos.
O emprego do sector TIC representou o 1,6% do total afiliacións á seguridade social en Galicia durante o ano 2011, 15.855 traballadores fronte a un total de 980.280 afiliacións, unha proporción que se mantén desde o 2009.
Son datos recollidos na análise realizada polo OSIMGA sobre a situación do Emprego no Sector das TIC e no Sector da Economía do Coñecemento en Galicia durante o 2011, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
Estas cifras constatan que mesmo no contexto económico actual, o sector tecnolóxico galego mantén o nivel de emprego e incluso incrementa o número de empresas, demostrando a súa capacidade de crecemento e a posibilidade de consolidar un sector estable laboralmente.
Cabe salientar que esta tendencia vén sendo confirmada polos últimos datos do conxunto do Estado, onde as empresas TIC manteñen unha ampla porcentaxe de contratación fixa sen apenas variacións durante catro anos consecutivos. (Concretamente, esta situouse no 84,5% en 2011, segundo o último ”Estudio sobre salarios y política laboral en el Hipersector TIC” de AMETIC.).
O emprego no Sector TIC de Galicia 2011
A análise, que recolle datos do IGE e do INE, reflicte a baixa a presenza das mulleres nas empresas TIC. En 2011 traballaban no sector tecnolóxico 6.118 mulleres fronte a 9.737