RGPD - Cookies
Deportes

O Seis do Nadal, masculino e Feminino, estrela no ‘Cidade Gafanha de Nazaré’

Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia participou un ano máis no Sétimo Torneo Internacional «Cidade Gafanha de Nazaré» de Sub14 Masculino e Feminino que se celebrou os pasados sábado e domingo 18 e 19 de febreiro do 2012 no Pavillón Deportivo de Gafanha de Nazaré (Portugal).

O equipo Infantil Feminino «A» do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, dirixido e adestrado por Sergio González, Alicia Álvarez e Daniel Rodríguez, proclamouse campión do torneo tras vencer ao AD Sanjoanense (Madeira) no encontro final do torneo por 32-10.

Os resultados do equipo Seis do Nadal – Coia no VII Torneo Internacional de Sub14 Feminino foron os seguintes:

.

RESULTADOS DA 1ª FASE DO TORNEO:

GRUPO A:

– Gafanha 13 Vs Seis do Nadal – Coia 43

– Seis do Nadal – Coia 36 Vs Imortal Basket 26

– Seis do Nadal – Coia 44 Vs SC Braga 22

.

RESULTADOS DA 2ª FASE DO TORNEO:

SEMIFINAL:

– Seis do Nadal – Coia 40 Vs CB Pío XII 31

FINAL (1º/2º POSTO):

– Seis do Nadal – Coia 32 Vs AD Sanjoanense 10

..

CLASIFICACIÓN FINAL:.

1º) SEIS DO NADAL – COIA (Vigo)

2º) AD SANJOANENSE (San Joao de Madeira)

3º) SC BRAGA (Braga)

4º) CB PÍO XII (Santiago de Compostela)

5º) IMORTAL BÁSKET (Algarve)

6º) SC COIMBROES (Gaia)

7º) GD GAFANHA (Gafanha de Nazaré)

8º) BC BARCELOS (Barcelos)

O equipo Infantil Masculino «C» do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado por Carlos Rodríguez e Pablo García, rematou na sétima posición do torneo tras impoñerse ao GD Gafanha no partido polo sétimo e oitavo posto (54-27).

Os resultados do conxunto Seis do Nadal – Coia no VII Torneo Internacional de Sub14 Masculino foron os seguintes:

.

RESULTADOS DA 1ª FASE DO TORNEO:

GRUPO A:

– Gafanha «A» 37 Vs Seis do Nadal – Coia 37

– Seis do Nadal – Coia 29 Vs Atómicos SC 36

– Seis do Nadal – Coia 40 Vs CAA Salesianos 42

.

RESULTADOS DA 2ª FASE DO TORNEO:.

7º/8º POSTO:

– Seis do Nadal – Coia 54 Vs Gafanha «B» 27

.

CLASIFICACIÓN FINAL:

1º) ATÓMICOS SC (Oliveira Bairro)

2º) BC BARCELOS (Barcelos)

3º) SALESIANOS VIGO (Vigo)

4º) CAA SALESIANOS (Porto)

5º) GDB LEÇA (Matosinhos)

6º) GAFANHA «A» (Gafanha de Nazaré)

7º) SEIS DO NADAL – COIA (Vigo)

8º) GAFANHA «B» (Gafanha de Nazaré)

 

 

También te puede interesar