RGPD - Cookies
Galicia

Tui e Valença, unha mesma cidade dende este venres

A antiga Alfándega de Valença, inmediata á vella ponte internacional, acollerá mañá venres 10 de febrero (11:30 h. portuguesa, 12:30 h. española) o acto oficial de sinatura do protocolo de creación da Eurocidade Tui – Valença / Valença-Tui nun acto ao que asistiran o Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, o Alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, xunto ao Presidente  da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, Paulo Gomes e o Conselleiro de Presidencia da Xunta en representación tamén da Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, Alfonso Rueda Valenzuela.

A sinatura deste protocolo da culminación ao proceso iniciado coa aprobación por parte do Pleno da Assembleia Municipal valenciana e da Corporación Municipal tudense deste acordo de cooperación entre ambos municipios que buscan así promover as sinerxías mutuas e potenciar a colaboración en múltiples materias en beneficio dos cidadáns de ambos municipios.

Eurocidade corresponde ao territorio dos municipios de Valença e Tui, abranguendo 35 mil persoas que pasan a estar unidas, a pesar da separación física feita polo Río Miño e pola fronteira.

A xestión partillada de equipamentos, como por exemplo a Piscina Municipal de Valença e o Conservatorio de Música de Tui, marcarán unha cooperación que xa é efectiva nas máis diversas áreas de actuación dos dous municipios. Unha cooperación que xa envolve efectivamente, tamén, as institucións, as colectividades, as empresas e as persoas das dúas cidades. Xa ao longo dos últimos meses Tui e Valença teñen colaborado en numerosas iniciativas de caracter conxunto. Dende a recente participación na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid ou anteriormente na Expogalaecia, á diversas competicións deportivas, actividades culturais como a Cabalgata de Reis, actuacións de caracter medioambiental como a plantación do bosque da Eurocidade, etc.. son algunhas das actividades xa desenvolvidas ao abeiro desta colaboración.

O traballo conxunto é dirixido ao cidadán e ás institucións das dúas cidades promovendo a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental entre as dúas cidades, que encontran na fronteira unha oportunidade para o desenvolvemento do territorio. A Eurocidade Tui – Valença é un exemplo de cooperación na Península Ibérica e na Europa, avanzando para novos modelos de relación, de segunda xeración, que pretenden potenciar as sinerxías das dúas cidades e demostrar un novo modelo de cidadanía europea.

A creación desta Eurocidade que conta co apoio dos gobernos de Portugal e Galicia, é a segunda creada entre concellos de Galicia e Portugal, pois dende hai dous anos xa funciona un protocolo de colaboración similar entre os municipios de Verín e Chaves.

 

También te puede interesar