RGPD - Cookies
Comarcas

A Deputación de Pontevedra leva a ‘cultura emprendedora’ aos colexios

A Deputación de Pontevedra implantará, de xeito experimental, un programa educativo en sete colexios coa finalidade de difundir entre os rapaces “a cultura emprendedora e o traballo en cooperativa. Segundo indica nun comunicado, os centros elixidos son o CEE Príncipe Felipe e o CEIP Príncipe Felipe, en Pontevedra, e, en O Salnés o Julia Becerra Malvar e Ribadumia.

A iniciativa, chamada ‘Emprender na miña escola-EME Cooperanova’, ten coma finalidade “dotar aos profesores dos centros de Educación Primaria das ferramentas precisas para axudar á creación de cooperativas escolares”, para que, traballando en  equipo, elaboren e comercialicen productos para obter beneficios.

EME Cooperanova fomentará a cultura emprendedora por medio da xestión real dunha cooperativa xuvenil que recade fondos vendendo películas. Algunhas das materias deste programa serán a “capacidade de asumir riscos, a innovación e a capacidade competitiva”.

 

También te puede interesar