RGPD - Cookies
Galicia

O paro medra en Galicia por riba da media do Estado e xa hai 271.284 galegos sen traballo

O número de desempregados en Galicia situouse a finais de xaneiro en 271.284 persoas logo de que este mes perdesen o seu emprego un total de 13.050 traballadores, o que supón unha subida de máis do 5% en comparación co mes de decembro.

Segundo os datos do  Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o paro medrou en Galicia por riba da media do Estado e situouse coma a séptima subida entre todas as comunidade autónomas. Polo que se refire ao mesmo mes de 2011, o número de galegos que deixaron de traballar foi de 25.453, un 10,35% máis.

 

También te puede interesar