RGPD - Cookies
Galicia

Baltar deixa o Parlamento de Galicia

Vaise. Todo sinala que para a Presidencia da Deputación de Ourense. O vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, José Manuel Baltar Blanco, anunciou que presentará este mércores a renuncia ao seu escano e a súa condición de número dous da Cámara, posto para o que sinalou que o parlamentario Miguel Santalices sería un candidato axeitado sobre o cal só ten “boas palabras”.

Baltar fai pública a súa renuncia logo de que o pasado sábado fose elixido por unanimidade do Partido Popular de Ourense, coma candidato á suceder ao seu paí coma máximo responsable da Deputación. O proceso, a partir de agora, será que o primeiro suplente, que entrou no organismo provincial en sustitución de José Luis Baltar Pumar, deixe o seu posto e poda entrar coma membro do mesmo o que presidente dos populares ourensáns. Acto seguido convocarase un pleno, previsiblemente nun prazo non superior a dúas semáns, no que Baltar Blanco será elixido presidente da Deputación.

 

También te puede interesar