Vigo al minuto

O BNG denuncia que o goberno local pagou 4.000 € por un anuncio escrito só en castelán

O grupo municipal do BNG denunciou este luns publicamente o incumprimento da ordenanza municipal sobre Normalización Lingüística por parte do goberno local. Segundo indicou a concelleira Iolanda Veloso, o Concello publicou un anuncio institucional nun xornal local «só en castelán«, cando o regulamento local indica que “os anuncios institucionais do Concello de Vigo, publicados en calquera medio de comunicación» de Galicia serán redactados en galego».

Veloso, quen adiantou que o Bloque presentará un rogo no próximo Pleno esixindo ao goberno local que cumpra a lexislación e salientou que no devandito anuncio malgastáronse” 4.000 € dos fondos públicos xa que o mesmo non tiña información relevante.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.