RGPD - Cookies
Galicia

A Asociación de Electores de Redondela pedirá a eliminación da peaxe con Vigo

A Agrupación de Electores de Redondela (AER), grupo do que depende o goberno local deste concello, proporá no vindeiro Pleno que este pida á Xunta que negocie coa concesionaria da AP-9 a supresión da peaxe do treiro que une Redondela e Vigo. Na exposición de motivos desta mocoón, o conceleiro do AER, Jorge Varela, subliña que hai 30 anos que se leva cobrando aos veciños do concello de Redondela por usar a saída 148 da AP-9, nun percorrido de tan só 5 kilómetros, fronte as vantaxes que nestes últimos anos lles outorgaron aos residentes dos concellos veciños, tales como o Morrazo que levan 5 anos sen pagar a peaxe e os da vertente sur da cidade que foron favorecidos polo segundo cinturón ou Vg-20 para mellorar a circulación e o achegamento ao centro urbán e laboral de Vigo.

“Dende a Agrupación Electores de Redondela consideramos un abuso que sigamos pagando unha peaxe na saída 148 da AP-9 no concello, xa que de sobra están amortizadas as obras da autoestrada e consideramos que isto é unha ronda da cidade que ten que favorecer a movilidade dos cidadáns de todos os municipios veciños por igual, ademais de favorecer o crecemento dunha área metropolitana moderna coas súas infraestructuras gratuitas, como é unha circunvalación ou ronda para desatascar o polémico tráfico do centro urbán de Vigo, como teñen o resto de cidades do Estado Español».

Por outra banda, tal e como está construida a rotonda da N552, denuncia Varela, na saída antes mencionada no barrio de Cabanas, debido a defectos de deseño, “os peóns non teñen ningunha maneira de continuar a súa marcha tanto en dirección Vigo como na contraria, ao non estar dotada de beirarúas , pasos de peóns nin semáforos”.

Por todo elo, a Agrupación Electores de Redondela proporá ao Pleno do Concello que se insta á Xunta a negociar coa empresa adxudicataria a supresión da peaxe na saída de Redondela e enviar dende o Concello a Audasa a solicitude de eliminación de dita peaxe. Asimesmo, solicita que se inste a Fomento a adecuar as beirarrúas e os cruzamentos peonís na rotonda do barrio de Cabanas.


 

También te puede interesar