Vigo al minuto

Esquerda Unida empeza a recoller sinaturas para que haxa un referéndum sobre Aqualia

Este serán ás 5 da tarde, coa presenza de Rubén Pérez , coordenador de Esquerda Unida en Vigo, este grupo empezará a recollida de sinturas para que a renovación do contrato de Aqualia, concesionaria do servizo municipal de auga, sexa sometida a referéndum entre os vigueses. EU considera imprescindible que a cidadanía opine e, dacordo co Regulamento de participación cidadá, recollerá sinaturas equivalente ao 8% do censo de Vigo para que o Concello decida someter á votación a prórroga.

Esquerda Unida acompaña a recollida de sinaturas co reparto de 10.000 pasquíns informativos sobre a necesidade de remunicipalizar o servicio de augas que, privatizado nos anos 90, amosa un encarecemento evidente en canto a precios e sostenibilidade.

EU informará a cidadanía que existen alternativas públicas na xestión da auga, alternativas que cidades como París teñen artellado ao detectar que a xestión privada da auga encareceu o servicio nun 25%. Para EU o caso de Vigo é paradigmático xa que os vigueses e viguesas pagamos 30 metros cúbicos de augas aínda que non os consumamos.


 

También te puede interesar