Vigo al minuto

A xuntanza entre o Concello e os veciños de Teis sobre o Centro Cívico remata sen acordo

Na tarde de onte, unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo unha xuntanza con Hector Santos, concelleiro de Participación Cidadá e con Carlos López Font, concelleiro de Xestión Municipal, para tratar sobre o conflito creado en relación a xestión do centro cívico de Teis.

Está xuntanza, segundo informa a devandita asociación nun comunicado á prensa, produciuse a petición do goberno municipal, o cal foi calificado de positivo polos membros da mesma quenes subliñaron que é a primeira vez que se sentan con representantes municipales o anuncio o pasado 2 de decembro de 2011, de que no presente ano non se asinaría o convenio entre a asociación e Concello, que permitía a está asociación a xestión do centro cívico.

Nos últimos días a asociación recibirá desde a Concellaría de Participación Cidadá, dous escritos comunicando que nun prazo non superior a cinco días, tiña que proceder a retirar o equipamento e documentación propiedade da asociación, tanto na oficina administrativa da planta baixa como de calquera outra dependencia do centro cívico. Hector Santos, indicoulles aos responsables da organización veciñal que se tomasen o tempo que necesitaran para retirar o material, “ainda que, desde asociación, entendemos que está ultimato fica sen efecto, pois a asociación non procedera a retirar ningún material do centro cívico, nin agora, nin máis adiante”.

Na xuntanza ambos concelleiros reiteraron a súa posición de non renovar o convenio que existía entre a asociación e Concello para este ano 2012, co argumento principal do aforro económico. “Os directivos presentes cuestionaron, unha vez máis, este razoamento pois na actualidade non se presta o mesmo servizo no centro cívico e non é certo o aforro económico, que como xa denunciamos publicamente fai uns días”.

Desde asociación, logo desta xuntanza, temos convocada unha nova asamblea coa veciñanza a celebrar este vindeiro luns 23 de xaneiro ás 20:00 horas, onde analizaremos a actual situación, pero coa intención de continuar coa nosa reivindicación ao existir ningún acordo”.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.