Vigo al minuto

Milleiros de traballadores esixen unha solución para o Naval camiñando de Moaña a Cangas

Cabeceira da marcha dos traballadores do Naval que camiñaron de Moaña a CangasMáis dun milleiro de traballadores do Naval secundaron a chamada feita pola C confederación Intersindical Galega (CIG) e cubriron a pé, este xoves, a distancia entre o Porto de Moaña e o de Cangas. En algo menos de dúas horas e berrando ‘Naval solución!’, os manifestantes volveron reclamar unha solución para o sector que, segundo salientaron representantes da CIG, vive xa un intre crítico que se achega a o punto de non retorno.

Os traballadores sembraron que mentras noutros países, coma Francia, o problema do tax-lease, as axudas fiscais á fabricación de buques, solucionáronse en unha semán, “logo de que os seus gobernos entendiesen que se trataba dun sector clave para o desenrolo da súa economía”, en España hai xa cinco meses que as autoridades do Goberno do Estado e da Xunta, ademáis dos representantes españois no Parlamento Europeo, “non foron quen de defender os nosos intereses”.

Segundo a central nacionalista, son máis dun milleiro familias do Morrazo as afectadas polo “desmantelamento” dun sector que ten carga de traballo de sobra e que está a perdelo por mor da inoperancia dos representantes políticos que non queren levar adiante unha reforma para adaptar a legislación do estado a un modelo similar ao francés.“Elo permitiría refrotar o sector e que os encargos volviesen aos asteleiros”.

Por todos estes motivos, os sindicatos anunciaron que seguirán as mobilizacións, empezando por unha gran manifestación en Vigo o xoves que ven, día 26,ao que están chamados non só os afectados do Naval senon todos os cidadáns da Ría que, salientaron “tamén veranse afectados polo peche destas empresas que dan traballo a máis de 10.000 veciños”.

También te puede interesar