Comarcas

O Concello de As Neves impulsa novas accións de voluntariado

Maria del Carmen Gil, tenente de alcalde de As Neves e concelleira de Benestar Social

A Consellería de Benestar de As Neves ven de impulsar a recuperación das accións da Oficina Municipal do Voluntariado que hai uns días abriu xa o prazo de inscripción para unhas novas xornadas formativas. Segundo salientou a tenente de alcalde e responsable de Benestar, María del Carmen Gil, as actividades dos voluntarios estarán encamiñadas, nun principio a dous aspectos, axuda a persoas maiores e conservación do medio ambiente.

“Fecerlle compañía a unha persoa que vive soa, axudarlle nalgún recado, nunha pequena reparación na casa, traerlle unha receita ou botar unha hora falando ou xogando ás cartas, por exemplo, ten uns efectos moi beneficiosos, tanto para quen o fai coma, sobre todo, para que necesita algo de compaña ou que lle boten unha man”, indicou a tenente de alcalde. Maria del Carmen Gil lembrou que o Concello ten actividades durante todo o ano, como a campaña de recollida de xoguetes, libros e roupa, o coidado da natureza ou a nova actividade que vaise desenrolar na Biblioteca Municipal e que consistirá nunha hora de charla en inglés cun profesor nativo.

“Trátase de actividades nas que poden participar calquera que esté disposto a adicar parte do seu tempo aos demáis só pola satisfacción de traballar a prol dos seus veciños”, indica a responsable de Benestar. Para elo, o Concello levará a cabo dos días de xornadas formativas nas que se presentarán as liñas básicas das actividades da Oficina Municipal de Voluntariado e nas que ampliarase a información sobre as accións concretas a desenrolar e os beneficiarios das mesmas.

María del Carmen Gil comenta que unha das iniciativas que amosan o interese dos nevenses por axudar e a colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, na recollida de tapóns de plástico, que logo serán comprados por unha empresa de reciclaxe, coa finalidade de axudar a Aitana, una nena de 9 anos de Tarazona (Zaragoza). Gil lembra que Aitana prexisa 300.000 € para poder somerterse aun dobre transplante de pulmóns e corazón no Children Hospital de Boston, “é a única solución, logo de varias operacións, para que supere unha grave doenza cardíaca e pulmonar”, unha iniciativa na que os veciños están moi implicados e que coordínase con Amigos de Galicia dende o departamento de Benestar.


 

También te puede interesar