Galicia

O BNG pide a Sanidade que se faga cargo da sustitución das prótesis mamarias defectuosas

A deputada do BNG Ana Luisa Bouza ven de reclamar ao goberno galego unha serie de actuacións relacionadas coas prótesis mamarias PIP entre as que se atopan a de realizar exploracións ás galegas operadas, e que leven as devanditas prótesis, se ellas así o piden, e que se lles retiren os implantes e se sustitúan por aqueles que sinalen os médicos.

Bouza fixo fincapé no feito de que a sustitución das prótesis ten que realizarse dacordo cun criterio médico e non moral, é dicir, “que non se teña en conta se a operación se fixo por mor dun cancro ou por unha cuestión estética”. Do mesmo xeito, engadiu, terá que considerarse o feito de se a operación se fixo nunha clínica privada ou nun hospital público, xa que a autoridade sanitaria autorizou o uso desta prótese. Neste senso, a deputada nacionalista lamentou que as administracións, que autorizan as operacións, non fagan campañas que advirtan dos riscos das mesmas, polo cal deben facerse responsbles das consecuencias das devanditas intervencións.


 

También te puede interesar