Vigo al minuto

Desconvocada a folga dos días 18 e 25 na sanidade privada

CC.OO., UGT e CIG anunciaron este luns a desconvocatoria da folga na sanidade privada da provincia os vindeiros 18 e 25 deste mes á espera dunha nova rolda de conversacións coa patronal de hospitalización e internamento, prevista para o día 20. Nun comunicado conxunto, os sindicatos aseguran que na última xuntanza, o pasado día 12, non houbo avances en puntos que os traballadores consideran fundamentais, coma a xornada laboral e o incremento das retribucións, ainda que teñen “esperanzas fundadas” de conquerir unha redución da xornada, entendendo que “está ao límite da máxima legal”, e un incremento salarial tendo en conta o IPC real.

Coma contrapartida pola desconvocatoria do paro, as centrais agardan que a patronal presente “unha oferta real” e, no caso contrario, estudarán un calendario de mobilizacións que presentarán aos traballadores nunha asamblea convocada para o día 24 deste mesmo mes.


 

También te puede interesar