RGPD - Cookies
Galicia

O servizo xurídico online para mulleres víctimas de violencia machista, atendeu 74 consultas en apenas dous meses

O servizo xurídico online para mulleres e vítimas de violencia de xénero, posto en marcha pola Secretaría Xeral da Igualdade o pasado mes de outubro, rexistrou 74 consultas no seu primeiro trimestre de funcionamento. Accesible a través da web www.igualdade.xunta.es, ten como obxectivo dar unha resposta áxil, persoal e gratuíta esalvar as reticencias que se producen en moitos casos á hora de solicitar presencialmente asesoramento sobre violencia de xénero.

Por provincias, o maior volume de consultas procede da Coruña con 35, seguida de Pontevedra con 23, Lugo con 9 e Ourense con 4, ás que se engaden 3 doutras comunidades autónomas. As principais usuarias son mulleres, 58, pero tamén se rexistraron 16 consultas formuladas por homes.

Por tramos de idade, as persoas de 36 a 45 anos representan o 31% das usuarias, seguidas de preto polas de 26 a 35 anos. O 42% das consultantes son persoas con estudos universitarios e, por temática, encabezan as entradas as relacionadas co acceso á asistencia xurídica gratuíta cun 25,6%, seguidas por asuntos relacionados coa conciliación familiar e co dereito de familia.

O servizo xurídico online ofrece resposta en tempo real a consultas sobre lexislación, violencia de xénero, conciliación, dereito de familia, agresións ou acoso sexual, entre outras, asegurando a confidencialidade. A través deste servizo, as mulleres dispoñen dunha plataforma para acceder a información e asesoramento sobre os seus dereitos, que facilite a adopción das decisións máis axeitadas en cada momento. En numerosos casos, as mulleres inmersas en entornos de violencia de xénero descoñecen os dereitos que as asisten, ignoran como abordar a interposición dunha denuncia ou que unha correcta exposición dos feitos e dos fundamentos de dereito ao longo de todo o proceso é determinante para unha resposta xudicial máis efectiva.


 

También te puede interesar