Galicia

A Xunta rebaixará dos 16 aos 14 anos a idade para ter unha licenza de caza

A nova Lei de Caza da Xunta rebaixa de 16 a 14 anos a idade mínima para obter unha licenza co fin de “garantir o cambio xeneracional nesta actividade”. Así o dixo este luns o conselleiro de Medio Rual. Samuel Juárez, quen compareceu en rolda de prensa, indicou que o texto da lei xa ten a probación do goberno galego e do Comité Galego de Caza.

Juárez engadiu que o 60% das máis de 53.000 licenzas de caza vixentes en Galicia pertencen a maiores de 40 anos de idade e subliñou que a rebaixa de idade para obtar ás mesmas impedirá que se perda unha práctica na que os seus afeicioados envellecen ano a ano.

«Hoxe, os cazadores son necesarios para o medio rural de Galicia e non sería bo que desaparecesen”, dixo o conselleiro, quen explicou que a caza “é o único medio de control para as poboacións cinexéticas, que poden causar danos nos hábitas pola súa superpoboación, coma é o caso do xabarín”.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.