Galicia Sucesos

76 accidentes de tráfico, 90 feridos e 2 mortos na saída e entrada do ano

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 90 persoas debido a 76 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 15:00 horas do venres, 30 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo, 1 de xaneiro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado 35 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 102 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 76 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 90 persoas. A proporción de homes atendidos foi do 69% e o da mulleres do 31. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 33% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos. Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 31 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 100. Así, as ambulancias medicalizadas mobilizáronse en tres casos, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 85 accidentes, as ambulancias concertadas en catro casos, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito sinistros.

En 72 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en dous ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria mentres que 14 persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas faleceron no lugar do sinistro.


 

También te puede interesar