Deportes

Se non chegas á Vallecana podes correr a San Silvestre en Salceda

O Concello de Salceda organiza para rematar este ano 2011 a súa primeira edicción da San Silvestre. Esta marcha popular terá lugar o venres 30 con saída ás 21:00 horas da praza do Concello, precorrendo todo o centro urbán. Os asistentes poderán realizar a inscrición gratuita na Casa da Cultura, na Concellería de Deportes ou en [email protected][email protected]. Ademáis toda a información está pendurada na web do Concello .

Ás primeiras 150 inscricións recibirán un agasallo, e para todos un avituallamento o final da carreira. Tamén se fará unha mención especial o senior femenino e masculino e o máis cativo feminino e masculino.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área, quere animar a participación de maiores e cativos nesta carreira sen afán competitivo: “é unha maneira de convivir nestas datas de nadal, nunha actividade que pode participar toda a familia”. “Dado o tipo de actividade esperamos unha grande afluencia de participantes, polo que o prazo para inscribirse non se pechará ate unha hora antes do comezo”


 

También te puede interesar