RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

50 accidentes de tráfico, 2 mortos e 74 feridos nas estradas galegas este Nadal

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 74 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 15:00 horas do venres, 23 de decembro, ata as 23:59 horas do domingo, 25 de decembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado 30 accidentes.

O 061 recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 74 persoas. A proporción de homes atendidos foi do 57% e o da mulleres do 43%. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 32% dos atendidos tiña entre os 25 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas. Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 66. Así, as ambulancias medicalizadas mobilizáronse en catro casos, o helicóptero medicalizado acudiu a un sinistro, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 53 accidentes, as ambulancias concertadas en tres casos, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco sinistros.

En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en seis ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria mentres que 13 persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas faleceron no lugar do sinistro.


 

También te puede interesar