Vigo al día

Os traballadores de Barreras cortan Beiramar en defensa do Naval

Se vas a pasar en coche por Beiramar vai buscando unha ruta alternativa. Os traballadores de Barreras están concentrados, un día másis, na rotonda da rúa Coruña cortando o tráfico para protestar pola súa situación. Como sabes, os asteleiros están en concurso de acreedores e a plantilla leva sen cobrar varios meses.

A protesta é de novo pola falla de alternativas á supresión do ‘tax-lease’, que ven de deixar sen carga de traballo a asteleiros e industria auxiliar. As concentracións vense convocando todas as semásns para evitar que o naval da Ría acabe pechando e lembrar ao novo goberno que tome medidas para aprobar unha lexislación semellante á francesa que permita ás empresas do sector volver a aceptar contratos e competir coa do resto de Europa.


 

También te puede interesar