Vigo al minuto

Esquerda Unida pide á volta a xestión municipal do suministro de auga

EU lembra que en Francia, dende 2000, e tras centos de denuncias dos procesos de privatizacións dos anos 80 e 90 (alguns deles con condenas de cárcere como no caso da privatización do servicio de augas de Grenoble), centos de concellos franceses están recuperando o servicio municipal de augas, entre eles París que dende 2010 xestiona públicamente o servicio ao entender que o custe de xestión privado era un 25% máis elevado.

Esquerda Unida pide que este mesmo modelo (evaluación real do custe privado) se aplique a AQUALIA para evitar o sobrecuste aos veciños e veciñas por intereses especulativos privados.

Para o coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, de non derrotar o anuncio do goberno do PSOE en Vigo de ampliar ate 2020 a concesión a empresa privada AQUALIA do servicio de augas e saneamento de Vigo, (concesión que remataba en 2015) “estaríamos diante dunha oportunidade perdida para facer deste servicio non un negocio senón un xeito sostible, social e público orientado ao interés xeral da cidade”. EU, engadíu Rubén Pérez, “repartirá miles de pasquíns na cidade explicando as posibilidades de outra política pública de auga e saneamento”.

Pérez indica que a finalización da concesión de AQUALIA en 2015 é un momento idóneo para plantexar a volta a unha Empresa Municipal de Augas e evitar xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e polo tanto o “artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva. Porque deste xeito podemos xestionar adecuadamente a demanda de auga nos fogares, oficinas, hostalaría, comercios e empresas coñecento previamente o consumo de auga e comparalo co consumo medio diario por persoa”.

Hoxe unha familia que consuma 10 m3 paga 34,24 €/bimestre e unha familia que consuma 30 m3 paga 38,42 €, “esa pequena diferencia se debe sólo ó canon de saneamento», xa que “por abastecemento, saneamento e cota fixa páganse 32,15 € ainda que teñas a casa pechada”, o que quer decir que “se consumíramos o que pagamos os nosos encoros estarían vacíos”.

Para EU, dende un punto de vista social, dado que se trata dun recurso vital, sería lóxico que houbera un consumo mínimo gratuíto, e partir de haí unha forte progresividade da tarifa de xeito que se incentivase o aforro de auga, e pagase máis en termos absolutos e relativos, quen máis consume.

“Si houbera un suministro de auga non potable para uso industrial, agrícola e gandeiro, aforraríase enerxía e poderíase suministrar auga máis barata para estes usos”. Aínda que para regadío deberase utilizar a procedente do sistema de regadío: ese suministro sería máis factible si existise en Vigo unha ordenación do territorio que permitise a localización e concentración desas actividades.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.