Deportes Vigo al minuto

Seis do Nadal-Coia, amosa o seu potencial formado por máis de 600 deportistas

O clube Baloncesto Seis do Nadal – Coia presentou a tódolos seus equipos federados e as súas escolas deportivas no pavillón municipal de Navia ante unhas gradas cheas de familiares, amigos, amigas e colaboradores. Neste acto que abre oficialmente a tempada 2011/2012 a entidade presentou a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo así a máis de 600 deportistas en total, máis de 300 xogadores e xogadoras , aos que se lle sumaron os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade, un dos maiores do panorama deportivo galego.

Unha vez presentados cada un dos equipos e realizadas ás fotos oficias da tempada, tiveron lugar as intervencións dos dirixentes da entidade e das autoridades que acompañaron ao clube durante a Presentación Oficial.

Abriu ditas intervencións Sergio González Larrañaga, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, e logo continuaron no turno de palabra Guillermo Reinaldo Barcia, Coordinador do Deporte Escolar da Xunta de Galicia en Vigo, Jose Luis Pérez Pérez; Presidente e Director Executivo da Delegación Viguesa de Baloncesto; Ánxeles Rivela Machado, Directora do CEIP Seis do Nadal, e Beatriz Rodríguez Méndez, Secretaria do CPI Celso E. Ferreiro; pechando as intervencións Concepción Martíns Rivas; Presidenta do vigués Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, quen alientou a todos os membros a levar o nome de Vigo con honra e a amosar o esforzo que o clube está a facer polo deporte de base e a importancia que ten o desenrolo deportivo, especialmente na formación dos rapazas e rapaces, xa que o mesmo aporta valores que levarán consigo toda a vida.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.