Galicia Vigo al minuto

Galicia propón á EU unha alternativa ao tax lease que salvaría o Naval

Xunta, patronal e sindicatos propuxeron dúas novas alternativas ao ‘tax lease’, o sistema de bonificación fiscal para a construción de buques suspendido dende xuño por unha denuncia na Unión Europea (UE). Os mesmos adaptan as necesidades dos asteleiros galegos ao modelo lexislativo francés, que é o único que a UE está disposta a aceptar. Segundo asegurou o concelleiro de Economía e Industria, nun descanso da reunión da Mesa do Naval, trátase dunhas propostas baseada, o primeiro, nunha amortización anticipada e outro con amortización libre, dende este ano ate 2015.

“A diferenza é substancial, posto que, en vez de estar oito anos a amortizar o buque e poder cargar sobre a conta de resultados do barco un oitavo en cada ano, poderíase amortizar máis rapidamente, o que ten máis vantaxes dende o punto de vista fiscal», asegurou Javier Guerra.

Os dous plantexamentos enviaranse aos Ministerios de Economía e Industria, aos grupos parlamentarios, á Comisión Europea e ao Consello Económico e Social Europeo, xunto cun estudo e a esixencia de que estos organismos o tramiten inmediatamente ante o “gravísimo risco” que corre o naval de perder máis de 14.000 empregos.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.