Comarcas Galicia

Hai 100 anos que os Comuneiros de Salcedo botáronse ao monte

A Comunidade de Montes de Salcedo, en Pontevedra, presentou este sábado un documental titulado ‘Comuneiros: 100 anos de vida e loita polo monte de Salcedo’, no que se repasou o tempo transcurrido dende que comezaron a oporse ao que denominan “agresións” políticas e administrativas coma a “ocupación” dos terreos cedidos polo Concello para a constricción, hai casi un século, do Cuartel de Figueirido, onde está actualmente a BRILAT.

O documental, producido pola Sociedade Antropolóxica Galega e a Comunidad de Montes de Salcedo, proxectouse ás 17.30 horas no Colegio de San Martiño no eido das II Xornadas de Monte Comunal. Escrito e dirixido por Rafael Quintía e realizado por Joao Vieites, este traballo audiovisual amosa os usos tradicionais de monte, por medio da testemuña de veciños da parroquial, que tamén lembran lendas e contos propios do lugar.


 

También te puede interesar