Vigo al minuto

Esquerda Unida denuncia a responsabilidade de PSOE e BNG na privatización do novo hospital

O cabeza de lista de Esquerda Unida por Pontevedra e coordenador local de EU en Vigo que participará activamente na movilización pola sanidade pública de este xoves, día 27 na cidade (20 h. Hospital Xeral), lembra que “se o goberno bipartito PSOE, BNG, cando gobernou na Xunta tivese posto a primeira pedra do novo Hospital, hoxe o PP non estaría artellando esta xestión privada do mesmo”. Rubén Pérez acusou a socialistas e nacionalistas corresponsables de que o capital privado “vaia facer o seu agosto coa sanidade pública”, por inoperantes e por panfletarios”, xa que estiveron anunciando proxecto tras proxecto sen dar comezo ás obras.

Nunha rolda de prensa conxunta coa nº 2 da lista, e traballadora sanitaria, Eva Solla, Pérez dixo que “non hai que esquecer que a privatización dos recursos sanitarios está contemplada na Lei 15/97 de Habilitación de nuevas formas en el sistema nacional de salud, que foi apoiada no parlamento español polo PP + PSOE”.

O candidato de EU subliñou que o goberno de Touriño e Quintana ‘inaugurou’ por tres veces o inicio das obras do novo hospital, non deixando nin a primeira pedra posta, facilitándolle a estratexia privatizadora ó PP, e fixo un chamamento a mobilización activa pola defensa da sanidade pública, apoiando a convocatoria da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.