Cultura Vigo al minuto

Non tiñas plan?…xa o tes: mergúllate no Museo do Mar

O Museo do Mar de Galicia (MdM) inicia esta semana o programa de actividades proxectado para o derradeiro trimestre do ano cunha oferta na que destacan novidades como obradoiros para persoas da terceira idade ou bebés, cursos de artesanía ligada ao mar, ou o reforzo dos obradoiros dirixidos ás familias. A programación complétase con novas edicións de actividades xa características e habituais do museo como Roteiros pola costaFaladoirosXornadas de observación de estrelas.

O colectivo dos maiores é un dos grandes protagonistas desta nova programación presentada polo MdM. Por primeira vez se deseñou un conxunto de actividades enfocadas especialmente a satisfacer os seus intereses e que abrangue temáticas tan diversas como A memoria do Mar -compartirán experiencias tomando como punto de partida unha fotografía-; Obradoiros Científicos –achegaranse á ciencia a través de aprendizaxes sobre a meteoroloxía e o clima, a oceanografía e a auga do mar, o medio ambiente ou a enerxía-, e Paseos pola costa –levarán a cabo rutas por Bouzas, a Xunquiera do Lagares e o Intermareal nas que se explicará a historia da ocupación da costa ou os cambios sufridos, entre outros-. Estas atividades terán lugar todos os mércoles ás 16:30 h.

Os máis pequenos poderán afondar no seu coñecemento sobre o universo mariño no obradoiro Os misterios do Mar. Trátase dun obradoiro de Samaín que promete diversión e que lles descobrirá a cara máis enigmática do museo. Comezará o próximo sábado 29 de outubro en horario de 12:00 a 13:00 h. e terá unha duración de dúas semanas. Está plantexado para rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos.

Os cativos tamén poderán gozar desta nova progamación co obradoiro Música das mareas, no que se contarán historias que teñen como fío conductor os sons do mar. Son actividades ideadas para nenos de 0 a 5 anos polo que é un requisito indispensable que acudan acompañados por un adulto –os nenos dividiranse en dous grupos: de 0 a 2 e de 3 a 5 anos -. Celebrarase os sábados de 17:00 a 18:00 h. e terá un custo de 30 euros por catro sesións, coa exepción dos socios do Clube A Babor, para os que o prezo será de 20 euros.

As persoas interesadas en inscribirse nesta actividade deberán prescribirse na sesión de presentación que terá lugar o próximo 5 de novembro e que será de carácter gratuito, por motivos de aforo. (O número de participantes mínimo será de 20 nenos.)

A recuperación dos oficios tradicionais vinculados ao mar é outra das novidades desta nova oferta. Todos os martes de 16:00 h a 19:30 h. organizaranse cursos de cestería, redes, carpintería ou obradoiros de refugallo, entre outros, dirixidos a todos os públicos.

O domingo, pola contra, será o día dedicado ás familias. Para comenzar poderán sumerxirse no arte da fotografía e na obra de Pacheco, a través de Xogos coa fotografía de Pacheco; un obradoiro que se estreará o próximo día 30 de outubro e que aborda a exposición de fondos do Arquivo Pacheco Cartas de punto maior. A Costa galega no Arquivo Pacheco, dende o punto de vista da cor e a investigación. Terá lugar na sala de exposicións temporais de 17:00 a 18:30 h. (Os obradoiros dirixidos ás familias irán modificando a súa temática cada dous domingos).

Non podería faltar nesta programación actividades xa coñecidas e valoradas polo público do museo como os FaladoriosRoterios pola costa ou as Xornadas de Observación de estrelas, todas elas dirixidas ao público xeral.

A nova proposta de Roteiros pola costa comezará o próximo 13 de novembro coa rutaImpactos na Costa, na que se analizará os cambios sufridos na costa no último século e a influencia do home neste senso. Estes itinerarios celebraranse o segundo domingo de cada mes.

A primeira sesión dos Faladoiros, en cambio, terá lugar o próximo 3 de novembro ás 17:30 h. Como en anteriories edicións profundizará nas diferentes actividades vinculadas ao mar a través da mirada dos seus protagonistas.

E por último cabe suliñar a nova Xornada de observación de estrelas que se levará a cabo no mes de novembro coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas. Permitirá as persoas interesadas en coñecer os métodos de navegación astronómica ter unha nova oportunidade para achegarse a este asombroso mundo.


También te puede interesar