Vigo al minuto

Milleiros de persoas piden en Compostela un modelo económco alternativo

Milleiros de persoas saíron á rúa este domingo en Compostela para esixir o fin dos recortes na administración pública e para defender un modelo económico alternativo. Baixo o lema ‘Si existen alternativas’, os convocados pola Confederación Intersindical Galega (CIG) corearon gritos coma ‘Feijóo dimite, Galiza vai a pique!‘, ‘O público é servizo o privado beneficio!‘ ou ‘A Xunta de Galiza, recortsa e privatiza!‘, en alusión á política dos responsables do goberno autonómico.

Antes da marcha, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, tracexou a pouca perspectiva do desemprego en Galicia que afecta xa a 230.000 persoas, un número que, subliñou, vai seguir subindo pola “total e absoluta inoperancia da Xunta” xa que, ao seu xuízo, “non só non adopta ningunha medida para corrixir a perda de tecido produtivo que se está a producir en Galicia“, senón que “se escuda en críticas á política do Goberno central para xustificarse”.

También te puede interesar