Vigo al minuto

Milleiros de persoas piden en Compostela un modelo económco alternativo

Milleiros de persoas saíron á rúa este domingo en Compostela para esixir o fin dos recortes na administración pública e para defender un modelo económico alternativo. Baixo o lema ‘Si existen alternativas’, os convocados pola Confederación Intersindical Galega (CIG) corearon gritos coma ‘Feijóo dimite, Galiza vai a pique!‘, ‘O público é servizo o privado beneficio!‘ ou ‘A Xunta de Galiza, recortsa e privatiza!‘, en alusión á política dos responsables do goberno autonómico.

Antes da marcha, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, tracexou a pouca perspectiva do desemprego en Galicia que afecta xa a 230.000 persoas, un número que, subliñou, vai seguir subindo pola «total e absoluta inoperancia da Xunta» xa que, ao seu xuízo, «non só non adopta ningunha medida para corrixir a perda de tecido produtivo que se está a producir en Galicia«, senón que «se escuda en críticas á política do Goberno central para xustificarse».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.