Galicia

Esquerda Unida alerta de que os orzamentos da Xunta recortarán os servizos sociais e aumentarán o paro

A Executiva Nacional de Esquerda Unida considera que a Xunta de Galicia comete un grave erro cos orzamentos do 2012 ao reducir os investimentos máis necesarios para saír da crise: sanidade, educación, traballo e benestar. Segundo os seus responsables, “a económica productiva galega atópase en grave retroceso e os recursos para prestacións sociais son claramente insuficientes” como o demostra o feito que provocaron os recortes sociais aplicados pola Xunta este ano. “Diante desta situación o Goberno galego aplica nos orzamentos unha redución do 0,8% para as partidas das Consellerías correspondentes”.

Xa que logo, Esquerda Unida lamenta a falta de visión do PP que recorta as partidas para prestacións sociais e esquece a necesidade de reactivar a economía para loitar contra o desemprego. “Os orzamentos mostran a obstinación do Partido Popular en aplicar as mesmas políticas neoliberais que nos meteron na crise e a súa incapacidade para desenvolver políticas que nos permitan saír dela”.

Para EU estes orzamentos supoñen a constatación da incapacidade da Xunta para reactivar a economía galega e, así, loitar contra o paro e a do pouco interese polas prestación sociais.


 

También te puede interesar