Vigo al minuto

Os delegados de persoal e o traballador despedido, seguen o peche en Isolux

Segundo explican os representantes dos traballadores da empresa, que na actualidade realiza traballos para Vulcano e Metalships, a decisión de pecharse adoptouse o pasado venres despois de que o xefe de recursos humanos do grupo en Galiza lle presentase a carta de despedimento a un dos administrativos que traballan nas oficinas da cidade, “aínda que hai outra compañeira afectada máis en Vigo e dúas ou tres persoas máis na Coruña”.

A reestruturación da compañía está a motivar despedimentos en todo o Estado español, onde, segundo os delegados da CIG, hai xa máis de 50 persoas afectadas. Este mesmo luns tivo lugar unha xuntanza cun responsáble da empresa chegado de Madrid para abordar o despido. A proposta dos representantes dos traballadores foi a recolocación da persoa afectada, “algo ao que a compañía se nega en rotundo”.


 

También te puede interesar