Vigo al minuto

O Centro Saladino Cortizo, cambia a cara

O conselleiro de Educación visitou este luns en Vigo o Centro de Educación Especial Saladino Cortizo tras as reformas realizadas no mesmo para rematar a súa adaptación ás necesidades dos seus usuarios. Dende agora, os 84 alumnos contarán con 18 aulas, 7 flexibles, outras tres para usos múltiples e otra máis para fisioterapia. Ademáis, existen catro talleres, unha sala común de usos múltiples, ximnasio, comedor, despachos e espacios exteriores con patios e zona de xogos.

Segundo o titular de Educación, a reforma, na que a Xunta investiu 1.870.000€, acometeu unha “remodelación integral“, que abrange o derrubo das partes que desvituaban a estructura orixinal e a mellora completa do sistema eléctrico, fontanería, carpintería e baños.


 

También te puede interesar