Ciencia y Tecnología

Europa fíxase nos enxeñeiros vigueses

A European Society for Biomaterials, a máis importante en enxeñería de tecidos, premia a tese do enxeñeiro industrial Rafael Comesaña, centrada na aplicación do láser na fabricación de implantes óseos funcionais

Rafael Comesaña.
Rafael Comesaña.

Duvi/ Honrado porque procede de expertos científicos no campo dos biomateriais e porque recoñece un traballo de investigación realizado durante catro anos”. Así afirma sentirse Rafael Comesaña Piñeiro, investigador do Grupo de Aplicacións Industriais dos Láseres da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo que vén de recibir a European Biomaterials and Tissue Engineering Doctoral Adward, distinción que concede a European Society for Biomaterials, Sociedade Europea de Biomateriais, a teses de doutoramento destacadas no eido dos biomateriais e a enxeñaría de tecidos.

Creada en 1975 e constituída por máis de 750 expertos procedentes dunha trintena de países, a Sociedade Europea de Biomateriais é a institución europea máis importante no eidos dos biomateriais e a enxeñaría de tecidos. Co European Biomaterials and Tissue Engineering Doctoral Adward a Sociedade recoñece a calidade das teses de doutoramento, así como a do proxecto formativo e o seu carácter internacional e repercusión. Xunto ao traballo de Rafael Comesaña, centrado na aplicación da tecnoloxía láser na fabricación de implantes óseos funcionais, a Sociedade Europea de Biomateriais premiou outras tres teses elaboradas por doutorandos españois: dúas da Universidad Politécnica de Cataluña e unha da Universidad Complutense de Madrid.

O enxeñeiro vigués que recolleu o galardón a principios deste mes de setembro na 24ª Conferencia Europea sobre Biomateriais celebrada en Dublín,comparte o mérito do premio “con todos os membros do grupo de investigación que levan traballando arreo desde 1996 para desenvolver aplicacións innovadoras do láser no campo dos biomateriais”. Rafael Comesaña que na actualidade segue ligado ao grupo de Investigación de Aplicacións Industriais dos Láseres, realizou a súa tese baixo a dirección dos doutores Juan Pou Saracho e Fernando Lusquiños Rodríguez.

Implantes tridimensionais para reparar defectos óseos craniais

O traballo de doutoramento que lle valeu o European Biomaterials and Tissue Engineering Doctoral Adward a Rafael Comesaña, céntrase na aplicación da tecnoloxía láser na fabricación de implantes óseos funcionais, unha técnica que permite obter implantes tridimensionais para a súa utilización na reparación de defectos óseos craniais, mediante o procesamento combinado de vidro e fosfato cálcico bioactivos, o que permite xerar un material de disolución gradual adaptada á velocidade de crecemento do novo óso.

Cada implante é específico para cada paciente e o deseño realízase a partir do diagnóstico e a análise xeométrica do defecto a partir dos datos extraídos mediante tomografía axial computarizada (TAC) ou resonancia magnética. Os estudos actualmente publicados estiman que a partir dos 25 mm de tamaño de defecto cranial é necesario utilizar un implante, xa que o oso non será completamente rexenerado; polo tanto, o tamaño útil do implante estará comprendido entre os 25 mm e o tamaño maior dun posible defecto cranial, habitualmente inferior os 150 mm. “

apunta Rafael Comesaña que tras finalizar a titulación de Enxeñaría Industrial no ano 2005 con premio extraordinario fin de carreira e presentar a súa tese, desenvolve o seu traballo no Departamento de Física Aplicada. Froito deste traballo o enxeñeiro ten publicado artigos en diferentes revistas científicas e participado en congresos internacionais.

También te puede interesar