Galicia Vigo al minuto

Este martes, segunda xornada de folga dos profesores de ensino público

As centrais sindicais de ensino seguirán este martes coa segunda xornada de folga nas escolas e colexios públicos galegos contra o reforma do horario lectivo. O pasado día 21, na primeiro día de paro, este estivo marcado pola diferencia de datos sobre o seu seguimento entre a Xunta, que indicou que non superou o 22% do profesorado, e os sindicatos que falaron do 75%.

Os profesores non ven motivo algún para desconvocar a protesta logo de que a Consellería de Educación, lonxe de tantar achegar posturas, desprestixase a labor dos docentes. Ademáis, os sindicatos manteñen que hai 1.000 docentes menos e retaron ao conselleiro que desminta esta información. Por último, as centrais lembraron que a reorganización que impón a Xunta perxudica moito máis aos alumnos que aos profesores e que os país tiñan que ter en conta que haberá un deterioro “moi salientable” na educación dos seus fillos.


También te puede interesar