Sucesos

O lume arrasa unha nave de almacenamento de madeira en As Neves

Catro horas,. Ese foi o tempo que tardaron os Bombeiros de Porriño e Ponteareas en apagar as chamas que arrasaron esta madrugada unha nave anexa a fábrica de transformación de madeira na parroquia de Liñares, en As Neves.

O lume, segundo fontes do servizo de Emexencias 112, empezou pasadas as 12 media da noite e non estivo extinguido ate preto das 5.

Luis Álvarez González, gerente do aserradeiro Arebal, informou a esta redacción que os danos valóranse a groso modo en canto a madeira que xa estaba elaborada, sobre uns 20.000€, así coma unha das máquinas que resultou afectada, que en caso de que quedase inservible, o valor da mesma é de 100.000€.

«Avisáronme a iso da 1 e media da madrugada, viñen correndo para a fábrica, aquí xa se atopaban, veciños do lugar, e mais 3 ou 4 camións de bombeiros, a verdade que o fixeron todo moi rápido», cóntanos Luis, o cal afirma que foron os do posto de vixiancia de San Nomedio, os que deron aviso os reténs forestais, pero o ver que o lume era de importancia, avisaron os bombeiros de O Porriño e Ponteareas.

Por outro lado, no momento de estas declaracións, atopábanse traballando na restauración do suministro de auga e mais da electricidade. Precisamos ter auga, porque non sabemos se pode haber algún conato, así que estaremos traballando arreo para seguir coa actividade»



 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.