Vigo al minuto

Feijóo asegura que o novo hospital terá 1.465 camas e Caballero que non serán máis de 700

O presidente da Xunta asegurou este martes en Vigo que o seu goberno “cumpre a palabra dada” e substitúe o que existía ata agora, “planos, proxectos e maquetas«, polo que existe desde hoxe, “a realidade dun hospital público en obras”. Durante unha visita ás mesmas, Feijóo afirmou que o novo Hospital é un proxecto concibido para dar resposta ás necesidades das 600.000 persoas que integran esta área sanitaria. E engadiu que o novo centro contará con 1.465 camas, 35 quirófanos, 160 consultas externas e 62 salas de diagnóstico por imaxe.

Case á mesma hora, o alcalde, na outra punta da cidade declaba que non acompañou ao presidente, maila a invitación que lle fixo, porque “non asisto a actos electorales do PP en explanadas expropiadas”. Abel Caballero amosouse “totalmente contrario” ao modelo de hospital de Feijóo porque, salientou que non se trata dun hospital público “como o de A Coruña ou Santiagoe porque o proxecto inicial “foi abandoado pola Xunta: non terá 1.450 camas, senon 700, non haberá centro de investigación oncolóxica, as Urxencias redúcense a un 25% do proxectado e elimina a residencia de externos, que sí ten o hospital coruñés”. Para o alcalde trátase dun proxecto “hiperraquítico” que non cubre, “en absoluto as necesidades sanitarias da cidade”.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.