A verdade e que xa empezamos a estar ate os xenitais de novas coma estas que, ao final o que amosan e que moitas das empresas propietarias de medios de comunicación saben menos de xestionar en este sector que de capar porcos. O que sí saben capar é o dereito á información, a diversidade da mesma, as carreiras de profesionais acreditados e a solvencia dos xornais, en xeral, e dos xornalistas, en particular.

Este luns a nova é o peche de o Xornal.com, un medio en galego que levaba 13 anos na Rede e que, coma acaba de comunicar a súa empresa propietaria, morrerá  a finais de ano. O Xornal.com, segue o mesmo camiño que o seu irmán en papel, déixanos orfos e supón a retirada da circulación do talento e bo facer de 38 compañeiros que hoxe coñeceron a mala nova.

vigoalminuto súmase ás manifestacións da presidenta do Comité de Empresa ao reivindicar a «profesionalidade de todos os traballadores que conforman actualmente o equipo e os que se foron por distintas circunstancias” e lamenta o penoso papel dos propietarios do mesmo.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.