Galicia Vigo al minuto

O naval sae á rúa este xoves, as 11 da mañán, en Vigo

Os sindicatos non escoitaron á patronal e manteñen o paro no naval para este xoves. Aínda que Asociación de Empresarios Metalúrgicos de Galicia (Asime) fixo un chamamento á responsabilidade subliñando que “a folga non ten xustificación algunha e fará dano ao sector especialmente á súa imaxe no exterior, as centrais sindicais defenden a necesidade do paro ante o risco de deslocalización das empresas do sector, un proceso que califican de “inminente”.

A Confederación Intersindical Galega (CIG) e Comisións Obreiras (CCOO), lembran que se a Unión Europea non desbloquea a suspensión do ‘tax lease’, “o naval da Ría de Vigo pode desaparecer en dous meseso que, engaden, podería supor a perda de preto de 10.000 postos de traballo. Por elo estiman que as movilizacións, que terán o seu punto álxido na manifestación, que levará as traballadores dende os seus postos ate a sede da Delegación da Xunta (11:00 h.), están máis xustificadas que nunca.


 

También te puede interesar