Esta maña sairon de Peinador os primeiros 96 rapaces, 66 de que colexios públicos e 30 de centros concertados, que inician a súa estadía no estranxeiro para aprender en inglés con becas do Concello. Son parte dos 510 que poderán mellorar o seu nivel de idiomas nas localidades de Epsom, Putney, Henley in Arden e Alcester.
Dos máis de cincocentos estudantes que terán acceso a esta oportunidade, 70 pertencen á Escola Oficial de Idiomas, outros 440 son alumnos de Secundaria, 290 deles de centros públicos e 150 dos concertados. O investimento municipal nestas becas para estudar no estranxeiro ascende a 1.170.000 euros.

 

También te puede interesar