Galicia

Concentracións contra a reforma da Constitución diante da Xunta, este martes, ás 12 e as 7 do serán

Coincidindo coa xuntanaza da Comisión Constitucional do Senado, sindicatos e partidos de esquerdas convocan aos cidadáns a concentrarse contra a reforma da Constitución. A Confederación Intersindical Galega (CIG) ten convocadas xuntanzas nas sete cidades para este martes 6 de setembro, en Vigo a mesma será ás 12 h. diante da Delegación da Xunta. Previamente ás concentracións celebraranse asembleas de delegados e delegadas da CIG para avaliar as consecuencias dunha reforma que “limita a capacidade do Estado na súa intervención nas políticas económicas e sociais e que atenta contra a autonomía financeira de Galiza”.

Este mesmo martes, no mesmo lugar, pero ás 7 do serán, IU, CCOO,UGT e USO , protestarán contra a modificación do artigo 135 da carta magna, que xa foi aprobada polo Congreso dos Deputados, co apoio de PSOE, PP e Unión del Pueblo Navarro (UPN).

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.