Vigo al minuto

O BNG advirte a Caballero “a humanización de ruas xa non é unha prioridade”

Non imos ser socios dun goberno en minoría nen correa de transmisión da oposición”. Esa é a intención do grupo municipal do BNG para o que resta de mandato . Así esegurouno o seu voceiro, este martes durante un almorzo cos medios de comunicación. Santiago Domínguez salientou que “acabouse o tempo dos personalismos, da demagogia e de actos cara a galería”, ao tempo que deixou craro que o Bloque non ten “atadura ningunha co PSOE”.

Domínguez, tamén negou que quera facer unha fronte común co PP, “eso non é certo e votaremos acordó co noso programa”. Para Domínguez esa postura verase o vindeiro luns no Pleno no que se debatirán as novas ordenanzas municipáis “o documento máis importante deste mandato”, e os orzamentos. Asi mesmo advertiu que non permitirá ao goberno de Caballero que convirta a Vigo “nunha cidade vulgar”, e sosterá os logros do mandato anterior.

Criticaremos a política dos feitos fáciles ou que mire para outro lado” e criticou que o goberno local esté abonado aos peches. Para apoiar os orzamentos estos terán que ser contra a crise “creadores de emprego” e que garantan que medre o gasto social, “cada vez son máis as necesidades que os veciños en risco de exclusión social e temos que atendelas”. Domínguez deixou craro que “a humanización das rúas xa non é prioritario, hai que pasar páxina para afrontar os graves problemas que temos”. Caballero terá que ser “o alcalde de Vigo, non o alcalde do PSOE”, e terá que “azuzar aos diputados e senadores socialistas para que apoien a Vigo”.

O BNG esixirá unha partida crara nas contas para 2012 que haxa un ‘Plan de Emprego en promoción económica’, non aceptará que a política de emprego dependa so dun goberno minoritario ou dunha concellería concreta, “non podemos seguir con pequenas partidas para un tena capital, e pediremos a creación dunha mesa de emprego municipal”.

También te puede interesar