Deportes Vigo al minuto

O Universidade de Vigo de xadrez regresa á elite

Duvi/ O equipo de xadrez da Universidade de Vigo acaba de escribir unha nova páxina dourada na historia deste deporte: acadou o ascenso á Primeira División Nacional, unha categoría que manterá ao club vigués entre os 20 mellores de toda España polo menos durante todo o vindeiro ano. Os universitarios xa ascenderan no 2009, só un ano despois da creación desta categoría, pero tras unha tempada no máis alto volveron descender no 2010. “Regresar á elite nacional é froito do intensivo traballo realizado nos últimos anos. Pensar en manterse no 2012 é soñar, pero non é a primeira vez que demostramos que os sonos ás veces fanse realidade”, recorda Pablo García, capitán do equipo.

O Universidade de Vigo foi o líder indiscutible do Campionato de España de Clubs, que se disputou en Padrón entre o 10 e o 14 de agosto, seis partidas en cinco días nas que os xogadores vigueses tiveron que enfrontarse a equipos profesionais cun gran elenco de Grandes Mestres Internacionais nas súas filas. Todo un éxito e unha “satisfacción” para un club creado para ir máis aló do deporte e no que o 100% dos seus xogadores son galegos, “algo que non pode dicir probablemente ningún outro equipo, que tamén contan con estranxeiros nas súas filas”. Por iso, pola xesta acadada, o equipo vigués mira agora cara as Administracións públicas en busca de axuda para manterse na Primeira División.

Facendo historia

Ata o de agora só un equipo galego acadou o mesmo que o Universidade de Vigo de xadrez: o Marcote, un club profesional con un orzamento elevado e actual campión de España. Para esta proeza, Pablo García contou coa maioría dos xogadores que disputaron a Liga Galega, uns xadrecistas que mantiveron un plan especial de adestramento dende comezos de verán para chegar no mellor estado de forma posible. Aínda que todos debutaron na competición, o heroe foi o capitán, que conseguiu pasar por riba do Gran Mestre polaco Marcin Dziuba.

Entre o resto dos clubs galegos, risas e bágoas. O Círculo das Artes de Lugo pasou de ser a gran sorpresa por eludir o descenso e facer unha importante inversión para fichar a dous Grandes Mestres do equipo olímpico da República Checa a ter que conformarse co sétimo posto. Mentres, o Círculo Ferrolán de Xadrez mantivo as opcións de ascenso ata o último intre. “A resposta do equipo ante os grandes retos roza o incrible e non é froito da casualidade ou dun golpe de sorte. Agora toca descansar e asimilar con calma este novo éxito antes de plantexar en setembro a nova tempada”, asegura García.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.